Elixiches esta experiencia...
Vía Arxéntea. Mencía 2020

VÍA ARXÉNTEA

Vía Arxéntea. Manuel Guerra Justo
DO Monterrei

Limpo e brillante, de capa media e de cor vermella púrpura.

Nariz intensa, froita vermella e moi mineral. Perfectamente ensamblado con nobres madeiras, cacao, caramelos, balsámicos, café, regalicia, froita e flores. Complexo e elegante.

Boca de estrutura media-alta. Taninos maduros e ben polimerizados. Suave, aveludado e á vez potente, cálido, cun punto doceiro que fai do seu paso por boca unha sensación agradable chea de matices.

Maridaxe: Ideal con todos os pratos típicos da cociña tradicional galega.

Vía Arxéntea é unha adega de tradición familiar arraigada en Monterrei, cunha extensión de viñedos superior ás tres hectáreas. O seu viño, do mesmo nome, está elaborado coas variedades Godello e Treixadura na mesma proporción. Maceración da uva sen cangallo e sen estrullar entre seis e oito horas a unha temperatura de 8 ºC con neve carbónica, prensadura pneumática e traballo de lías en doce durante setenta e seis horas antes da súa fermentación. Cando o viño está fermentado a 1040 de densidade cámbiase para dúas barricas de carballo francés e húngaro de 300 litros cada unha. Aí permanece durante catro meses.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA VÍA ARXÉNTEA

Experiencia Vía Arxéntea

Se te atreves a percorrer a Ruta do Viño Monterrei descubrirás unha paisaxe diferente, un camiño bañado polas cores do viño, enriquecido pola súa historia, gastronomía e, sobre todo, pola amable hospitalidade das súas xentes. Atoparaste unha comarca con gran riqueza cultural que acolle unha enorme variedade de lugares dignos de ser visitados e lembrados (tales como o castelo de Monterrei, a igrexa e claustro da Mercé, o museo claustro Mercedario, a igrexa Santa María a Maior, a casa do asistente...)
E para completar a experiencia ofrecémosche unha visita guiada ao noso viñedo e á nosa adega. Coñeceredes os distintos traballos que facemos así como un antigo lagar situado preto da adega. Como non podía ser doutro xeito, remataremos cunha cata comentada dos nosos viños. Anímate a coñecernos!!

Ponlles cara

Manuel Guerra. Vía Arxéntea

Atópanos

Enderezo

Estr. de Albarellos · Villaza · 32618
Monterrei · Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

687 409 618

Correo Electrónico
viaarxentea@viaarxentea.com

Queres estar á última das experiencias calidade?