Elixiches esta experiencia...

Val de Nairoa 2019
Bodegas Nairoa, S.L.
DO Ribeiro
Límpido e brillante. De cor amarela palla con escintilacións oliváceas
Aromas afroitados —néspera, cirola, nectarina—, de plantas aromáticas — fiúncho, eucalipto, mentol— e un fondo mineral —cuarzo, pedernal—.
Entrada suave, co paso vai implementando aromas e sabores. Agradable e saboroso, de longo recordo.
Maridaxe: Acompañante ideal de aperitivos, afumados, arroces, peixes, mariscos e carnes brancas.