DON CRISANTO Queixo Tetilla 1000g
Don Crisanto é un queixo graxo madurado de pasta branda, cremosa, moi uniforme e con apenas ollos. Marca premiada coa distinción de Ouro na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2023 e Prata no 2021 e 2024.
ARTELAC NABIZA
Queixo Azúa- Ulloa Curado, tamén coñecido como queixo da nabiza, queixo do tempo dos nabos ou queixo do ano. Ten un período de maduración mínimo de seis meses. Distinción de Ouro na categoría DOP Arzúa-Ulloa Curado nas Catas de Galicia 2020 e 2021. Elaborado con leite pasteurizado de vaca producido na propia explotación.
QUEIXO O MOURO 400g aprox.
Queixo semicurado cun baño de canela e café galardoado no World Cheese Awards.
QUEIXO con chourizo de Porco Celta 400g aprox.
Queixo tenro con leite cru con pequenos anacos de chourizo e cun baño de pimentón.
QUEIXO TETILLA DOP 700 GRS
O queixo da DOP Tetilla presenta a súa forma cónica característica, codia fina e cor amarelo palla. Queixo de pasta branda de gran cremosidade en boca e un sabor moi natural, lácteo, lixeiramente acído e salgado suave. Distinción de prata nas Catas de Galicia 2025
QUEIXO ARZÚA ULLOA DOP 800 GRS
O queixo con DOP Arzúa-Ulloa ten forma lenticular, cunha codia fina e elástica, de cor amarela media a escura, brillante, limpa e lisa. De pasta branda e aroma lácteo, que recorda a manteiga e iogur .O seu sabor caracterízase pola suavidade, lixeiramente salgado e lixeiramente ácido.

