Pazo Casanova
Da marxe dereita do Miño, onde se asentan as leiras A Cerca e Pazo, sobre chan granítico e xistos, proceden as uvas de treixadura, godello, albariño e loureira, que se vendiman a man para obter este viño da DO Ribeiro, galardoado co Acio de Bronce de viños brancos nas Catas de Galicia 2020.
Os Areeiros
Albariño monovarietal das Ribeiras do Morrazo. Destaca polo seu sabor afroitado, desenvolendo una acedez cun sabor longo e preciso que permanece en boca con excelente final. Acio de Ouro na categoría de viños con indicación xeográfica protegida nas Catas de Galicia 2025.
A COROA
Viño monovarietal de uva godello elaborado no corazón de Valdeorras, galardoado co Acio de Ouro branco nas Catas de Galicia 2024.
Feitizo da noite
Viño espumoso DO Rías Baixas, elaborado con uva 100% albariño, fresco, moi equilibrado, cunha burbulla moi agradable e suave. Crianza de 9 - 12 meses en botella en rima. Marca premiada co Acio de Ouro na categoría de Espumosos nas Catas de Galicia 2021.
Organistrum
Viño da DO Rías Baixas que integra a audacia da uva albariño coa serenidade da crianza en barrica. Marca premiada co Acio de prata na categoría de viños de elaboracións con madeira brancos nas Catas de Galicia 2021
Gran bazán. Don Alvaro de Bazán 2018
Viño DO Rías Baixas da colleita de 2018 elaborado con uva albariño e con crianza sobre lías. Premiado co Acio de Prata na categoría de viños de colleitas anteriores brancos nas Catas de Galicia 2021.
TERRA DE ASOREI BRUT NATURE 2017
Viño espumoso monovarietal albariño, marca premiada co Acio de Ouro na categoría de Viños espumosos nas Catas de Galicia 2024.
NAI E SEÑORA 2022
Viño monovarietal albariño da DO Rías Baixas, marca premiada co Acio de Prata branco na categoría de viños de colleitas anteriores nas Catas de Galicia 2024.
COLECCIÓN NAI E SEÑORA 2022
Viño monovarietal de albariño, marca premiada co Acio de Prata na categoría de Viños de elaboracións en madeira nas Catas de Galicia 2024.

