Queixo Azúa- Ulloa Curado, tamén coñecido como queixo da nabiza, queixo do tempo dos nabos ou queixo do ano. Ten un período de maduración mínimo de seis meses. Distinción de Ouro na categoría DOP Arzúa-Ulloa Curado nas Catas de Galicia 2020 e 2021. Elaborado con leite pasteurizado de vaca producido na propia explotación.