David Barco

Son David Barco Araújo e pertenzo a Grandes Pagos Gallegos de Viticultura Tradicional. Trátase dun proxecto no que elaboramos viños de calidade a partir das tres grandes variedades brancas galegas, albariño, treixadura e Godello e alguna tinta como aa Mencía e buscando as zonas onde mellor se expresen cada unha delas. As nosas adegas caracterízanse por unha serie de trazos comúns, entre os que destacan a singularidade e un viñedo da máxima calidade. Somos viticultores antes que adegueiros, practicamos un cultivo respectuoso co medio ambiente e damos a máxima importancia á localización dos viñedos, sempre en zonas históricas e preferentemente en ladeira.

Nas tres adegas, de oriente a occidente, en Fragas do Lecer, na DO Monterrei, elaboramos viños coas variedades autóctonas Godello e Mencía; na DO Ribeiro a uva Treixadura é a protagonista absoluta da nosa adega Pazo Casanova- Finca Viñoa, e xa chegando ao océano atlántico rematamos na DO Rías Baixas, subzona do Rosal, na adega Quinta Couselo, na que se emprega a variedade albariño.

Na adega Quinta Couselo organizamos eventos e visitas guiadas de enoturismo, para dar a coñecer a cultura do viño e a contorna natural.

David Barco. Quinta Couselo
A miña adega

A historia de Quinta Couselo está íntimamente ligada ao Monasterio de Santa María de Oia. O mosteiro cisterciense de Santa María a Real de Oia ofrece unha grandiosa localización cara ao océano Atlántico, nunha enseada rochosa, entre as vilas da Guardia e Baiona. Este mosteiro comezou a construirse no ano 1136 baixo o reinado de Afonso VII. Dende as súas orixes, o mosteiro tivo vínculos co val do Rosal, onde os monxes adquiriron diferentes propiedades e impulsaron o cultivo da vide. A bondade do clima do val fixo que estes terreos fosen utilizados polos monxes como lugar de descanso e retiro. Entre estas propiedades encóntranse a granxa e priorado de Santo Antonio e a granxa nombrada da Cheira, no lugar de Couselo, que foi adquirida polos monxes en 1163. Esta granxa da Cheira é o que hoxe coñecemos como Quinta de Couselo. Tras varias poxas e paso por diferentes mans en agosto de 2013, as propiedades foron vendidas a Grandes Pagos Gallegos de Viticultura Tradicional, un grupo vitivinícola cuxa filosofía é desenvolver proxectos singulares naquelas zonas onde mellor se expresen as variedades autóctonas galegas.

Esta pequena e acolledora adega, de longa tradición familiar, sempre se diferenciou polo seu amor polo viño e o seu respecto pola contorna. Actualmente corresponde a Grandes Pagos Gallegos de Viticultura Tradicional continuar o bo facer histórico desta adega e respectar o legado que nos deixa a familia Vicente.

En Quinta de Couselo queremos transmitir que detrás de cada botella hai  todo un mundo de tradicións que fomos adaptando ás novas tecnoloxías, ata conseguir a máis alta calidade na elaboración dos nosos viños, augardentes e licores.

Os nosos viñedos: As plantacións son coidadas con prácticas compatibles coa protección e mellora do medio ambiente (producción integrada). Empréganse dous sistemas de condución, a espaldeira e o emparrado galego. Temos dúas leiras emblemáticas: A Cheira e Sobral. Ademais destas propiedades, temos acordos con viticultores da zona do Rosal aos que lles adquirimos uvas dende hai máis de vinte anos, sometendo todo o proceso de cultivo ao control dos nosos técnicos.
 

Adega Quinta Couselo
Os meus produtos

A descrición dos nosos produtos é a seguinte:

  • Quinta de Couselo Rosal: viño da DO Rías Baixas, subzona do Rosal cun coupage de 90% Albariño, 5% Caíño branco e 5% Loureiro, cun traballo sobre lías de 6 meses en aceiro inoxidable.
  • Turonia: viño da DO Rías Baixas, subzona do Rosal, cun 100% Albariño, cun traballo sobre lías de 6 meses en aceiro inoxidable.
  • Barbuntín: viño da DO Rías Baixas, subzona do Rosal, cun 100% Albariño, cun traballo sobre lías de 3 meses en aceiro inoxidable.
  • Quinta de Couselo Selección Rosal: viño da DO Rías Baixas, subzona do Rosal, cun coupage de 90% Albariño, 5% Caíño branco e 5% Loureiro, cun traballo sobre lías de 40 meses en aceiro inoxidable e 12 meses en botella.
  • Quinta de Couselo Tradición Rosal: viño da DO Rías Baixas, subzona do Rosal, cun coupage de 90% Albariño, 5% Caíño branco e 5% Loureiro, cun un traballo sobre lías en bocois de carballo de 30 meses e 12 meses en botella.
  • Quinta Couselo Orujo de Galicia envellecido: Orujo envellecido da IX Orujo de Galicia.

Atópanos

Enderezo

Couselo, 13
36770 · O Rosal
Pontevedra


Queres estar á última das experiencias calidade?