Merca Experiencias de Calidade

Agricultura ecolóxica

A produción ecolóxica certificada na Unión Europea instaurouse no ano 1992 de xeito formal para amparar as producións que se realizaban sen emprego de produtos químicos de síntese, sen transxénicos e cunhas normas de produción que favorecían a preservación do ambiente, os solos agrarios, os ecosistemas naturais e a biodiversidade, así como un elevado nivel de benestar animal superior ao que obriga a normativa vixente.

En Galicia é o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) o que ten delegadas como autoridade de control as funcións de inspección sobre os máis de 1000 operadores inscritos. 

Medio Natural

O Craega certifica todas as producións ecolóxicas producidas no territorio continental e mariño de Galicia así como tamén a transformación ou envasado feito en Galicia de produtos ecolóxicos procedentes doutros territorios fóra de Galicia e incluso de fóra da UE.

Das aproximadamente 34.000 ha dedicadas á agricultura ecolóxica en Galicia, preto da metade están na provincia de Lugo, que destina a maior parte da superficie á produción de forraxes.


Atópanos

Mapa agricultura ecolóxica

Non hai información dispoñible.

Queres estar á última das experiencias calidade?