Aviso legal

Aviso legal


INFORMACIÓN XERAL

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.


ACEPTACIÓN

A persoa usuaria debe ler atentamente este Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar a páxina web, xa que as condicións de uso desta, recollidas nel, poden sufrir modificacións.

Algúns servizos accesibles para o usuario a través da páxina web poden estar sometidos a condicións xerais ou particulares que, de ser o caso, substituirán, completarán e/ou modificarán o presente Aviso Legal e que deberán ser aceptadas polo usuario antes de iniciar a prestación do servizo correspondente. Así, de existir contradición entre este Aviso Legal e as condicións xerais ou particulares aplicables a determinados produtos ou servizos ofrecidos a través da páxina web, estas prevalecerán sobre aquel.

A prestación do servizo da Web ten unha duración limitada ao momento no que a persoa usuaria se atope conectado á Web ou a algún dos servizos que a través desta se facilitan. AGACAL resérvase o dereito para modificar unilateralmente, en calquera momento e sen aviso previo, a presentación, configuración e contidos da Web mediante a publicación das ditas modificacións nun lugar visible desta coa fin de que poidan ser coñecidas polos usuarios ao iniciar a súa visita. Así mesmo, AGACAL resérvase o dereito para suspender ou poñer fin, en calquera momento e sen aviso previo, á totalidade ou parte dos servizos ofrecidos na Web.

Para acceder á información contida na Web e facer uso dos servizos ofrecidos, os menores de idade deben obter previamente permiso dos seus pais, titores ou representantes legais. A responsabilidade na determinación dos contidos e servizos aos que acceden os menores de idade corresponde ás persoas a cuxo cargo se atopan. Como a través da internet é posible acceder a contidos que poden ser inapropiados para menores, infórmanse ás persoas usuarias da existencia de programas informáticos que permiten limitar ou controlar os contidos aos que poden acceder os menores.

OBRIGAS DO USUARIO

A persoa usuaria obrígase ao uso exclusivo da Web e todos os seus contidos para fins lícitos e non prohibidos, que non infrinxan a legalidade vixente e/ou poidan resultar lesivos dos dereitos lexítimos da AGACAL ou calquera terceiro e a cumprir as condicións e termos de uso da páxina web recollidas neste Aviso Legal así como a cumprir as especiais advertencias ou instrucións de uso contidas nel ou na páxina web e a actuar conforme a lei, os bos costumes e as esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do produto ou servizo do que desfruta, absténdose de utilizar a páxina web de calquera forma que poida impedir, danar ou deteriorar o normal funcionamento dela ou os bens ou dereitos da AGACAL así como dos Vendedores, do resto das persoas usuarias ou, en xeral, de calquera terceiro.

De conformidade co parágrafo anterior, o usuario obrígase, na utilización da páxina web, a:

  • Facilitar información veraz e actualizada sobre os datos persoais cando se rexistra na área de cliente.
  • Non utilizar identidades falsas, nin suplantar a identidade doutros no uso da páxina web.
  • Absterse de reproducir, copiar, distribuír, comunicar publicamente ou modificar os contidos da páxina web, salvo que se atope autorizado pola lei, pola Agacal ou por quen ostente a titularidade dos dereitos sobre eles.
  • Absterse de tentar acceder, utilizar e/ou manipular os datos da Agacal, calquera outros terceiros e outros usuarios.
  • Non introducir, almacenar ou difundir a través da páxina web calquera contido que infrinxa a lei, a boa fe e a orde pública, o presente Aviso Legal e os outros textos legais da Web, ou que resulte prexudicial para terceiros.
  • Non destruír, alterar, inutilizar ou danar os datos, informacións, programas ou documentos electrónicos da Agacal ou os Vendedores.

No caso de que, nalgún momento, ao Usuario se lle ofreza a posibilidade de inserir comentarios ou opinións na Web, deberá ter en conta que, en relación cos ditos comentarios:

  1. Se responsabilizará completamente dos contidos e opinións reflectidas, eximindo de calquera responsabilidade á Agacal.
  2. Están prohibidos todo tipo de contidos que recollan insultos ou teñan carácter vexatorio, especialmente os de contido racista, discriminatorio ou degradantes que atente de calquera forma a terceiros, e en particular, a título meramente indicativo e non exhaustivo, o usuario comprométese a non transmitir, difundir ou poñer ao dispor de terceiros informacións, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera clase de material que:
    • de calquera forma, sexa contrario, menosprezar ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, nos tratados internacionais e no resto da lexislación;
    • induza, incite ou promova actuacións delituosas, denigratorias, difamatorias, infamantes, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral e bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
    • induza, incite ou promova actuacións, actitudes ou pensamentos discriminatorios por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición;
    • incorpore, poña á disposición ou permita acceder a produtos, elementos, mensaxes e/ou servizos delituosos, violentos, ofensivos, nocivos, degradantes ou, en xeral, contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
    • sexa falso, ambiguo, inexacto, esaxerado ou extemporáneo, de forma que induza ou poida inducir a erro sobre o seu obxecto ou sobre as intencións ou propósitos do comunicante;
    • se atope protexido por calquera dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros, sen que o usuario obtivese previamente dos seus titulares a autorización necesaria para levar a cabo o uso que efectúa ou pretende efectuar;
    • viole os segredos empresariais de terceiros;
    • sexa contrario ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas;
    • de calquera xeito, menoscabe o crédito da Agacal ou os Vendedores;
    • infrinxa a normativa sobre segredo das comunicacións;
    • constitúa, de ser o caso, publicidade ilícita, enganosa ou desleal e, en xeral, que constitúa competencia desleal;
    • incorpore virus ou outros elementos físicos ou electrónicos que poidan danar ou impedir o normal funcionamento da rede, do sistema ou dos equipos informáticos (hardware e software) da Agacal ou de terceiros ou que poidan danar os documentos electrónicos e arquivos almacenados nos ditos equipos informáticos;
    • provoque polas súas características (tales como formato, extensión, etc.) dificultades no normal funcionamento do Servizo;
  3. Non están permitidos os comentarios que non estean relacionados coa actividade ou os servizos ofertados pola Agacal.
  4. Está terminantemente prohibido a publicidade cara a outros sitios web, incluíndo ligazóns a outras páxinas ou referencias a terceiros, sen a autorización da Agacal.

A persoa usuaria responderá fronte a AGACAL e fronte a terceiros de calquera dos danos e perdas que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento dos ditos compromisos..

AGACAL terá dereito a investigar e denunciar calquera das condutas mencionadas de acordo coa lei, así como a colaborar coas autoridades na investigación das ditas actuacións.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

A persoa usuaria será o único responsable das infraccións en que poida incorrer ou dos prexuízos que se poidan causar a terceiros pola indebida ou ilexítima utilización da páxina web.

A AGACAL non será responsable dos posibles danos ou perdas que se puidesen derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo dos sistemas electrónicos ou informáticos, motivados por causas alleas á AGACAL, dos atrasos ou bloqueos no uso dos devanditos sistemas causados por deficiencias ou sobrecargas de liñas telefónicas, sobrecargas no sistema da internet ou noutros sistemas electrónicos.

A AGACAL non será responsable dos danos ou perdas que cause calquera persoa que vulnere os sistemas de seguridade da AGACAL. Corresponde en todo caso a persoa usuaria dispoñer de ferramentas axeitadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños, polo que a AGACAL non se responsabiliza dos danos producidos nos equipos informáticos das persoas usuarias ou de terceiros durante a prestación do servizo na Web.

A AGACAL tampouco será responsable dos danos e perdas que puidesen derivar da suspensión, cancelación ou interrupción dos servizos prestados na páxina web cando estes teñan a súa orixe na realización de operacións de mantemento e/ou actualización desta.

A AGACAL non garante a veracidade nin se responsabiliza das consecuencias que puidesen derivarse dos erros nos contidos proporcionados por terceiros que puidesen aparecer na páxina web.

Do mesmo xeito, a AGACAL non se responsabiliza dos contidos, produtos ou servizos que poidan visualizarse mediante ligazóns electrónicas, directa ou indirectamente, a través da páxina web, salvo naqueles supostos establecidos no artigo 17 da Lei 34/2002, do 12 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico (LSSI). No caso de que unha persoa usuaria considere que existe un sitio enlazado con contidos ilícitos ou inadecuados deberá poñelo en coñecemento da AGACAL a través do enderezo de correo electrónico facilitado no apartado primeiro.

As ligazóns non representan necesariamente a existencia de relación entre a AGACAL e os particulares ou entidades titulares das páxinas ás que dan acceso nin a recomendación promoción ou identificación da AGACAL coas manifestacións, contidos ou servizos facilitados a través delas. A AGACAL resérvase o dereito para retirar de modo unilateral e en calquera momento as ligazóns que aparecen na súa páxina web.

A AGACAL non se responsabiliza das posibles discrepancias que poidan xurdir entre a versión dos seus documentos impresos e a versión electrónica destes publicados na súa páxina web. En caso de discrepancia prevalecerá a versión escrita sobre a electrónica.

 

Política de cookies

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do/a usuario/a polo Portal e o emprego dos servizos dispoñibles nel.
  • Cookie analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras nel.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

Tipo de cookieCookieFinalidadePolítica
PropiaJSESSIONIDManter activa a sesión da persoa usuaria e no idioma seleccionadoXunta de Galicia - Política de cookies
De terceiros (Fortiweb)cookiesession1Cookie de sesión de FortiWebFortiWeb HTTP sessions & security
De terceiros (Google)
  • _gid
  • _ga
  • _ga_*
  • _gat_gtag_UA_ID
Analítica e distinguir ás persoas usuariasGoogle Analytics - Protección de datos

Non se teñen previstas transferencias internacionais de datos.

As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son de dous tipos:

  • Analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos persoais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en Xestión das cookies.
  • Técnicas (redes sociais): permiten compartir o contido do Portal nas redes sociais de Facebook e Twitter e só se descargan polas propias redes sociais no caso de que as persoas usuarias empreguen esta funcionalidade e accedan ás ligazóns. A información recollida por estas cookies é almacenada e xestionada directamente por Facebook e Twitter. Estas empresas realizan transferencias de datos a países fora da Unión Europea, polo que recomendamos consultar as súas políticas mediante as ligazóns facilitadas no cadro.

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.

PROTECCIÓN DE DATOS

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.


USO DAS LINGUAS

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. Para estes efectos, o portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, como mínimo, en galego e castelán.

 

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal os xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

 

 

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp