IX "Orujo de Galicia"
Diferentes culturas e rexións asócianse cunha bebida que se converte nun selo de identidade, nunha marca do propio territorio. Sucede no Caribe co ron, en Escocia co whisky, en Rusia co vodka, ou en Xapón co sake. Ligado á Galicia máxica está a augardente, destilada dos ritos ancestrais desta terra de meigas.