Coñecemento da vida adquirido polas circunstancias ou situacións vividas, cando estas experiencias van acompañadas dunha boa mesa, dise que son EXPERIENCIAS DE CALIDADE
Ata a chegada dos cultivos americanos, as castañas foron unha fonte de alimento indispensable na cociña galega, sobre todo en áreas rurais e de montaña. Servían para calmar a fame nos tempos de escaseza. Asadas, cocidas, no caldo, con leite...
As orixes do Pemento do Couto remóntanse a mediados do século XVIII, momento no que a actividade no mosteiro de San Martiño do Couto, en Narón, era un exemplo para seguir para todos os habitantes da zona.
O inicio do cultivo do pemento en Galicia asóciase ás sementes traídas dende o estado mexicano de Tabasco polos monxes franciscanos ao convento de Herbón, localidade pertencente ao municipio de Padrón, no século XVII.
A agricultura foi dende sempre a principal ocupación dos habitantes da comarca de Verín, alentada por un microclima peculiar e pola fertilidade dos seus solos. Os pementos de Oímbra comezaron a cultivarse con técnicas moi arcaicas que pouco a pouco se foron perfeccionando.
O pemento cultivado na Arnoia constitúe un ecotipo seleccionado desde moi antigo polos agricultores desta área xeográfica pertencente á comarca do Ribeiro. Como consecuencia da súa limitada produción e da súa escasa difusión ao longo dos anos, apenas se estendeu fóra do devandito ámbito xeográfico
As prácticas tradicionais dos agricultores locais mantendo e seleccionando as mellores plantas ao tempo que adaptando as técnicas de produción ás condicións do territorio deron como resultado un produto diferenciado e de gran popularidade.
As referencias ao cultivo e consumo do grelo son moi numerosas ao longo dos séculos. Os indicios máis antigos do cultivo da brassicas na nosa terra datan do 3.000 a.c.