O queixo Cebreiro é un queixo fresco de pasta branca, branda e granulosa, elaborado con leite de vaca, totalmente natural, sen conservantes nin aditivos.
A lenda atribúe aos pobos celtas asentados na serra da Cabra e o Xistral a invención deste produto. O queixo San Simón da Costa está elaborado con leite de vaca e afumado con madeira de bidueiro. Iso fai que o seu exquisito sabor suxira noces, un delicado recendo do fume da lareira e un leve aroma ao leite acabado de muxir.