Aprende a identificar os únicos con espírito galego, só os produtos avalados polo Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia teñen garantida a súa orixe, calidade e salubridade.
Actividade en liña coa que coñecerás a tradición da augardente, séculos de historia, o Camiño de Santiago, a cultura celta, queimadas e meigas...
Queres descubrir o Ouro doce de Galicia? Anímate a participar nunha cata comentada de meles acollidos á IXP Mel de Galicia sen saír da casa e dun xeito entretenido
Galicia é unha rexión produtora de leite de vaca que transforma en catro queixos con DOP. Catro produtos diferenciados elaborados a partir da mesma materia prima, o leite de vaca. Por iso, gústanos referirnos a eles como "Irmáns de leite". Xunto con Salomé Beiroa ofrecémosche unha cata comentada de Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro
De todos é coñecido que Galicia é terra de viños brancos de calidade. Pero non todo é branco, temos viños tintos de excelente calidade que te convidamos a descubrir dun xeito ameno e sen saír da túa casa.