IXP Pataca de Galicia
A Pataca de Galicia é un produto cultivado de forma tradicional e aínda que o seu aspecto exterior pode non ser perfecto, a súa calidade e sabor son excepcionais. Comercialízase despois de superar estritos controis de cultivo e envasado, o que garante a súa calidade e orixe.
Materias primas
Unicamente se poderán amparar baixo a indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia, patacas de consumo das variedades kennebec, agria e fina de Carballo, procedentes de semente certificada ou reemprego controlado procedente da propia explotación.
A área de produción e envasado do produto amparado pola indicación xeográfica protexida abrangue a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A circunstancia de que o cultivo da pataca sexa pouco esixente en condicións climáticas fixo que este teña unha considerable capacidade de adaptación, aínda que resulta sensible ao frío por baixo dos –2 ºC, sendo as súas mellores condicións de cultivo as temperaturas entre 13 e 18 ºC.
Resulta tamén beneficioso para o cultivo unha humidade relativa elevada e unha pluviometría con valores por encima dos 1.000 mm.
Para a obtención dunha pataca de calidade é fundamental que o terreo sexa o idóneo, recomendándose os terreos de textura solta e non pedregosa, cun contido en materia orgánica non excesivamente elevado que permita á planta manter esa certa esixencia en humidade durante o período de cultivo.
As catro subzonas delimitadas abarcan maioritariamente terreos situados en zonas chairas e de altitude media ou baixa s.n.m., cunhas inmellorables condicións para o cultivo de pataca.
Características do produto
As características do produto son:
|
kennebec
|
agria
|
fina de Carballo
|
forma
|
redonda a oval
|
oval alongada
|
redondeada
|
ollos
|
moi superficiais
|
moi superficiais
|
profundos
|
cor da pel
|
amarelo claro
|
amarelo
|
amarelo claro
|
cor da carne
|
branco
|
amarelo
|
branco
|