• Prazas:10
  • Día:Finais maio. Pendente fixar data.
  • Coñecementos previos:Non
  • Horario:19 h
  • Idioma:Castelán
  • Kit de cata:
  • Inscrición:experienciasdecalidade@xunta.gal

Cata comentada dos viños brancos premiados cos Acios de ouro nas Catas de Galicia 2021

As catas en liña son perfectas para xuntar amigos ou familiares en casa e desfrutar dunha cata dirixida. Da man de Nacho Costoya teredes ocasión de recibir unhas nocións básicas de cata, para poder desfrutar con coñecemento de todos os matices dos viños galegos. Nesta sesión de 45 minutos, a través da nosa canle de youtube, Nacho  guiaravos cunha cata comentada para amosarvos os segredos organoléptipos dos seguintes viños brancos:

  • Pazo de Rubianes. Acio de Ouro ao Mellor viño branco de Galicia nas Catas de Galicia 2021. DO Rías Baixas
  • Vía ArxénteaAcio de Ouro DO Monterrei viños brancos nas Catas de Galicia 2021
  • Alter. Acio de Prata DO Ribeiro viños brancos nas Catas de Galicia 2021
  • A Coroa. Acio de Ouro DO Valdeorras viños brancos nas Catas de Galicia 2021
  • Almalarga. Acio de Ouro viños de elaboracións con madeira brancos nas Catas de Galicia 2021

Aínda non temos data fixada, farémolo proximamente, pero se estás interesado non deixes de informarte en: https://experienciasdecalidade.gal
Reservarémosche praza. Agardámoste!!!

Queres estar á última das experiencias calidade?