• Prazas:10
  • Día:Finais de maio. Pendente fixar data
  • Coñecementos previos:Non
  • Horario:19 h
  • Idioma:Castelán
  • Kit de cata:
  • Inscrición:experienciasdecalidade@xunta.gal

Cata comentada dos viños tintos premiados cos acios de ouro nas Catas de Galicia 2021

As catas en liña son perfectas para xuntar amigos ou familiares en casa e desfrutar dunha cata dirixida. Da man de Nacho Costoya teredes ocasión de recibir unhas nocións básicas de cata, para poder desfrutar con coñecemento de todos os matices dos viños tintos galegos. Descubrirás as nosas variedades autóctonas, elaboracións e notas de cata dun xeito sinxelo e ameno. Ademais, nesta sesión de 45 minutos, a través da nosa canle de youtube, Nacho tamén vos guiará cunha cata comentada para amosarvos os segredos organoléptipos dos seguintes viños tintos:
Ó Prómine singular. Acio de Ouro ao mellor viño tinto de Galicia nas Catas de Galicia 2021. DO Ribeira Sacra
Casa MoreirasAcio de Ouro DO Ribeira Sacra viños tintos nas Catas de Galicia 2021
Setembro 20. Acio de Prata DO Monterrei viños tintos nas Catas de Galicia 2021
Don Bernardino Finca Mezquita. Acio de Bronce viños de elaboracións con madeira tintos nas Catas de Galicia 2021. DO Ribeira Sacra
Priorato de Razamonde. Acio de Ouro viños de colleitas anteriores tintos nas Catas de Galicia 2021. DO Ribeira Sacra

 

Aínda non temos data fixada, farémolo proximamente, pero se estás interesado non deixes de informarte en: https://experienciasdecalidade.gal
Reservarémosche praza. Agardámoste!!!

 

Queres estar á última das experiencias calidade?