Cousas
ricas
Croquetas de polbo, Grelos de Galicia e Queixo Tetilla
Tempo de elaboración 60 minutos
Fácil
60 min.
4 pers.
Que necesito?
- 400 gr de polbo cocido
- 1 manda de Grelos de Galicia
- 150 gr de Queixo Tetilla
- Fariña
- 4 ovos
- pan relado
- aceite de oliva
- sal
Despois de limpar os grelos, cocémolos 3 minutos en auga con sal.
Cortamos as patas do polbo do longo que desexemos facer as croquetas. Cortamos o Queixo Tetilla en tiras finas, do mesmo longo que o polbo. Xuntamos cada anaco de polbo cun de queixo e envolvémolo cunha folla de grelo. Logo empánase pasándoo por fariña, ovo e pan relado.
Fritimos en aceite quente e servímolos quentes para ver fundir o queixo.