E ti de onde
ves sendo
DOP San Simón da Costa
CONSELLO REGULADOR
Praza da Constitución, 13-1º. Apartado 2.
27800 Vilalba
Lugo
982 512 250
info [at] sansimondacosta.com (info[at]sansimondacosta[dot]com)
DOP San Simón da Costa
A lenda atribúe aos pobos celtas asentados na serra dá Cabra e o Xistral a invención deste produto.
A denominación de orixe protexida San Simón da Costa ampara o queixo elaborado con leite procedente de gando vacún das razas rubia galega, pardo-alpina, frisoa e as súas cruces.
O queixo de San Simón da Costa é un produto para degustar a través dos sentidos saboreando o seu exquisito sabor que lembra a noces, plantas e un delicado aroma a fume de lareira conxugado co gusto a leite fresco acabado de muxir.
Unha verdadeira xoia tradicional culinaria á que non poderás resistirte ao materializarse nun queixo de codia afumada con madeira de bidueiro.
Medio Natural
A zona de produción do queixo de San Simón, tanto o leite como o queixo, está constituída pola área xeográfica que abarca a comarca da Terra Chá na provincia de Lugo. Esta zona caracterízase pola presenza de fértiles vales interiores protexidos por sistemas montañosos, nos que abundan os pastos e que sirven de alimento ás vacas que producen a principal materia prima: o leite.
A produción láctea está basad en pequenas explotacións, con importante presencia de exemplares de razas autóctonas, o que lle confire ao leite unhas características peculiares e de gran calidade. A alimentación destes animais é principalmente a base de pastos e forraxes producidos na propia explotación, aproveitados mediante pastoreo.
Os produtores da rexión atesouran unha longa tradición na elaboración destes queixos, de características singulares, como son a súa forma e aroma, que permiten a súa inmediata identificación do produto, conseguindo un gran prestixio e recoñecemento entre os consumidores.
Neste medio natural abunda o bidueiro. A súa madeira, utilízase no afumado, o que lle proporciona ao queixo unha cor e aroma inconfundibles.