Merca Experiencias de Calidade

IX "Licor Café de Galicia"

O licor café é unha das marcas gastronómicas de Galicia, trátase dunha bebida con gran tradición na comunidade.

A súa historia vai unida á historia do rural galego onde todo se aproveitaba para sacar o maior partido posible.

O licor café é o rei das sobremesas galegas, en calquera festexo familiar nunca falta unha botella deste prezado elixir.

Medio Natural

A área xeográfica delimitada da indicación xeográfica Licor Café de Galicia, na que se debe producir a uva e, como subprodutos da  vinificación, os bagazos e lías e na que se debe realizar o seu destilado así como a elaboración e o envasado, abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A zona de cultivo, as condicións climáticas e edafolóxicas, así como as variedades de uva utilizadas e o territorio onde se cultiva condicionan as características do produto obtido.


Atópanos

Mapa IXP Licor Café de Galicia

Queres estar á última das experiencias calidade?