Merca Experiencias de Calidade

IXP Lacón Gallego

Os antecedente históricos que serven de presentación do Lacón Gallego son innumerables.

O lacón forma parte da nosa cultura e dos nosos costumes. O consumo do lacón tivo sempre un grande arraigo en Galicia pola súa doada conservación ao ser un produto curado, ademais de san e cun alto contido proteico.

Medio Natural

A zona de produción do gando porcino destinado á obtención dos lacóns amparados pola IXP Lacón Gallego está constituída pola totalidade do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Deste modo, só os porcos nacidos e criados nela, e pertencentes a granxas inscritas no correspondente rexistro poderán servir de materia prima para obter o produto amparado.

Do mesmo xeito, a área de elaboración dos lacóns esténdese única e exclusivamente á Comunidade galega; así, só os matadoiros, salas de despezamento e industrias cárnicas asentadas nela poderán estar inscritos e realizar a súa actividade baixo o amparo da indicación xeográfica protexida.


Atópanos

IXP Lacón Gallego Mapa

O Corgo

Desplegable empresas

Jamones González S.L.

Saa

Desplegable empresas

Lualco S.L.

Queres estar á última das experiencias calidade?