Merca Experiencias de Calidade

IXP Pemento de Oímbra

A agricultura foi dende sempre a principal ocupación dos habitantes da comarca de Verín, alentada por un microclima peculiar e pola fertilidade dos seus solos. Os pementos de Oímbra comezaron a cultivarse con técnicas moi arcaicas que pouco a pouco se foron perfeccionando.

As formas de preparación do Pemento de Oímbra son enormemente variadas: fritos, recheos, asados,  guisados, etc. Existe unha enorme tradición entre a poboación na elaboración de conservas caseiras. A receita máis tradicional consiste no envasado dos pementos asados, seguindo un proceso absolutamente artesanal e natural.

Medio Natural

A área de produción dos pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra está constituída pola totalidade da comarca ourensá de Verín.

As condicións climáticas contribúen a crear un ambiente moi favorable para a produción  hortícola, posto que todo o sector se atopa protexido das frontes húmidas que chegan desde o oeste por serras que axudan a crear unhas condicións climáticas moi particulares (un  topoclima), que resultan moi adecuadas para a produción de certos cultivos como a vide, a oliveira ou o pemento.


Atópanos

Mapa IXP Pemento de Oímbra Zona IXP Pemento de Oímbra

Monterrei

Desplegable empresas

Conservas do Támega, SL

Oímbra

Desplegable empresas

Pardo López, Benjamín

Queres estar á última das experiencias calidade?