Merca Experiencias de Calidade

IXP Viño da Terra Barbanza e Iria

Rosalía de Castro no seu poema "Albariñas uvas" xa facía referencia ao viño da súa terra:
"¡Ouh miña parra de albariñas uvas, que a túa sombra me das! [...]
¡Xa non vos deixo, que as angustias negras lonxe de min se irán!”

Medio Natural

Dentro desta comarca, case a totalidade da superficie dedicada ao cultivo do viñedo se encontra por baixo dos 150  m  sobre o nivel do mar, situada na zona costeira (zona baixa do litoral marítimo norte da Ría de Arousa así como no leito inferior e desembocadura do río Ulla cara á mencionada ría), con suaves pendentes, con clara orientación sur, protexida pola serra do Barbanza que exerce un importante efecto barreira sobre a penetración dos ventos oceánicos, o que representa as condicións idóneas para unha área de gran produtividade agrícola.

Estes viños son fiel reflexo dos efectos das condicións  termopluviométricas e agronómicas para unha  vitivinicultura de calidade, ao que debe sumarse o efecto do factor humano que se concreta no adecuado axuste  varietal (o viño é elaborado maioritariamente con variedades autóctonas da zona), a implantación das  viñas nos solos francos, profundos e  permeables, característicos desta área xeográfica e as correctas prácticas culturais, entre as que destaca a poda e condución das  viñas, que se realiza manualmente e con mestría para facer un axeitado control do potencial vitivinícola.

Todas estas condicións tenden a conferir aos viños producidos nesta comarca equilibrio e harmonía, excelentes expresións aromáticas e boas características de conservación.


Atópanos

Mapa Viño de Barbanza e Iria Mapa Viño de Barbanza e Iria

Queres estar á última das experiencias calidade?