Elixiches esta experiencia...
DIQUEIXA
DIQUEIXA
DOP Arzúa-Ulloa
Queixo de sabor suave, lixeiramente salgado e un chisco ácido que nos lembra ao seu artesanado. No seu interior alberga unha pasta uniforme, de cor branca marfil, brillante e sen fendeduras nin regañas, unicamente con algún pequeno ollo. A súa consistencia cremosa semella fundirse na boca pola súa fácil disolución. A codia é fina e elástica, brillante, lisa e de cor amarela pálida.