Elixiches esta experiencia...

Tradición
DO Ribeira Sacra
De cor negra picota moi ensamblado entre as súas variedades, deixando en copa trazas da súa vinosidade.
En nariz descubrimos cereixa e chocolate negro, marcada sensación de uva pasa e lembranza ao aroma da augardente de guindas.
Tremendamente fresco, equilibrado e sedutor en boca, moi complexo e elegante á vez.
Maridaxe: caza, carne vermella, queixo curado de sobremesa e froitos secos.