× Your browser doesn't support HTML5 video tag. VER VÍDEO SALTAR VÍDEO PONLLES CARA Guillermo Hermo de Pazo de Rubianes, Pazo de Rubianes A comezos dos anos noventa inicio a miña actividade profesional como enxeñeiro agrónomo e director do Pazo de Rubianes co obxectivo de recuperar o parque botánico do predio e a explotación vitivinícola que actualmente conta cunhas 25 hectáreas. PRODUTOS DE SEMPRE Non poden faltar na nosa mesa, non podemos vivir sen eles, imaxina un mundo sen fabas, sen queixo sen as mellores carnes, mel... E TI DE ONDE VES SENDO Cada experiencia ten unha orixe, aquí mostrarémosvos lugares asociados a sabores, arrecendos. Pensa nunha experiencia de calidade... xa a tes? agora pecha os ollos e imaxina a súa orixe, a súa paisaxe... PRODUTOS DE TEMPADA Cando sabemos que está a punto de chegar a época do grelo, xa nos ule a caldo. Cando empezan os castañeiros a saír a rúa xa case estamos en nadal... estes produtos fan que midamos o tempo en función de cando están listos para consumir COUSAS RICAS Tes unha cea, queres dar o mellor de ti, ou simplemente darte unha homenaxe? Descubre as receitas que podes elaborar cos nosos produtos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, produtos ecolóxicos e produtos artesanais. Atoparás unha lista da compra en cada un deles para que sexa máis doado. OS INSEPARABLES Que vai ben con que, ese é o obxectivo de esta sección, falaremos de maridaxe con MAIÚSCULAS