E ti de onde
ves sendo
DOP Queixo Tetilla
CONSELLO REGULADOR
Pazo de Quián
15881 Sergude-Boqueixón
A Coruña
981 511 751
info [at] queixotetilla.org (info[at]queixotetilla[dot]org)
DOP Queixo Tetilla
O Queixo Tetilla é o máis coñecido dos queixos galegos. O seu gusto suave e textura agradable convencerá, como xa vén facendo, todos aqueles que se acheguen ao que é unha das propostas máis orixinais e deliciosas do sector lácteo galego.
Medio Natural
Tanto a zona de produción de leite como a de elaboración do Queixo Tetilla abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A orografía, moldeada con suaves montes e cunha importante rede fluvial, xunto co clima atlántico predominante (marcado por unha abundante pluviosidade), favorecen o desenvolvemento de pradeiras e unha alta produtividade forraxeira e de cultivos agrícolas. Esta produtividade da terra permite unha elevada actividade gandeira.
A produción láctea baséase en explotacións familiares nas que se fai un manexo tradicional do rabaño. As características destas explotacións fan que o leite producido teña unhas condicións de calidade idóneas para a elaboración deste queixo.
Os produtores da rexión atesouran unha longa tradición na elaboración deste tipo de queixo, de características absolutamente singulares. Destacar a súa peculiar forma que permite a súa inmediata identificación, isto consegue que os seus produtos alcancen un merecido prestixio e recoñecemento entre os consumidores.