JARA VARELA

Son Jara e o meu traballo e paixón son as abellas. Represento a Abella Meiga, unha pequena empresa familiar que leva máis de corenta anos dedicada á apicultura ecolóxica en alta montaña. Atendemos persoalmente todo o ciclo produtivo do noso mel, desde a cría e selección das abellas ata o control e coidado dos marabillosos produtos que nos ofrecen.

Abella Meiga
OS MEUS PRODUTOS

Ofrecemos dous tipos de mel: de castiñeiro e de bosque.

Mel de castiñeiro
Mel ecolóxico e artesán producido nas montañas dos Ancares lucenses. Monofloral de castiñeiro, con máis dun 70% de pole desta variedade.

Mel de bosque
Mel ecolóxico e artesán producido nas montañas dos Ancares lucenses. Principalmente elaborado con melato das landras dos carballos cerquiños que orixina un mel non floral de alto contido en minerais e antioxidantes. Incorpora tamén néctar de breixo, cerdeira, silva, xesta e outras flores características da alta montaña.

Abella Meiga
AS NOSAS COLMEAS

Facemos apicultura ecolóxica porque queremos ser respectuosos co ritmo natural das abellas e os sistemas tradicionais de produción de mel. Traballamos coa abella negra local na maior reserva verde de Galicia, nos Ancares lucenses. As nosas abellas comparten espazo con osos pardos, falcóns, jabalíes e urogallos entre carballos, castiñeiros, haias, piornos ou acivros, condensando así no noso mel toda esta privilexiada natureza.

Atópanos

Enderezo

Fontela, 10 – Caboi
27374 Outeiro de Rei
Lugo

Coordenadas
43.100178703639, -7.6334559826256

Queres estar á última das experiencias calidade?