CENTOXCENTO 250 ml
ACEITES FIGUEIREDO
Agricultura ecolóxica
Figueiredo, s/n
27310 Ribas de Sil
Lugo
653 587 810
aceitesfigueiredo [at] gmail.com (aceitesfigueiredo[at]gmail[dot]com)
A empresa creouse a partir dun proxecto para recuperar a produción autóctona de aceite de oliva na comarca de Quiroga enfocándose na conservación e recuperación das oliveiras das variedades mansa e brava.
A iniciativa recoñeceu o potencial da comarca para a produción de aceite de oliva, destacando a presenza de oliveiras centenarias en produción ecolóxica e a tradición familiar na elaboración de aceite.
O aceite elabórase de forma artesanal na almazara de Figueiredo, utilizando métodos de extracción en frío para obter un AOVE de alta calidade.
O Aceite CENTOXCENTO de Figueiredo ecolóxico e artesán, comercialízase nos formatos de 250ml e de 500ml. É un aceite frutado verde medio-alto, con presenza de aromas de folla de oliveira, améndoa, tomate, alcachofa e oliva verde, con amargor e picante medios.
Esta almazara atópase na aldea de Figueiredo en Ribas de Sil-Lugo, terra de gran tradición olivarera na que se conservan centenares de oliveiras vellas.
Traballa so con extracción en frío, para garantir que o AOVE conserve todas as súas propiedades naturais. Deste xeito conséguese elaborar un aceite de máxima calidade.
Na almazara de aceites Figueiredo tamén se ofrece o servizo de extracción a outros produtores, aínda que a oliva debe de recollerse coas maiores condicións fitosanitarias para obter un resultado óptimo.
Figueiredo, s/n
27310 Ribas de Sil
Lugo