D´BERNA GODELLO
Bodegas D´Berna
DO Valdeorras
D.O.Valdeorras
Córgomo, s/n
32340 · Vilamartín de Valdeorras
Ourense
988 324 557 - 667 797 193
info [at] bodegasdberna.com (info[at]bodegasdberna[dot]com)
Ola son Berna e estamos no Córgomo na D.O. Valdeorras na adega D´Berna. Nós comezamos fai quince anos, elaboramos sobre todo a variedade godello e mencía, aínda que tamén facemos algo de garnacha tintorera e sousón.
Levo vinculado a este mundo máis de trinta anos e creo que é importante para calquera adegueiro empezar dende abaixo cultivando a viña e despois elaborando na adega para chegar a facer un produto de calidade. Para min é seguir coa tradición familiar que comezaron os meus avós e despois os meus pais.
Hoxe temos dez hectáreas plantadas con viñedo de corenta e de dez anos, dos máis antigos de Valdeorras, o cal nos permite facer un coupage excelente para elaborar viños de calidade.
O que máis satisfacción da este traballo, é o recoñecemento por parte do consumidor dun traballo ben feito reflectido nun produto extraordinario.
D´BERNA GODELLO
Viño elaborado 100% coa variedade godello.
Fase visual: De cor amarela palla con iridescencias verdosas.
Fase olfactiva: Gran expresión aromática, moi varietal. Con notas a froitas —mazá, pomelo, pera— e un fondo final floral. Elegante e complexo.
Fase gustativa: En boca resulta potente, fresco e saboroso. Evoca o punto froiteiro e floral do nariz. Expresivo, consistente, delicado e elegante.
Harmonía: Harmoniza ben con calquera tipo de comida.
Córgomo, s/n
32340 · Vilamartín de Valdeorras
Ourense