A FACTORÍA DO LUME

A FACTORÍA DO LUME

Na Factoria do Lume somos artesáns. Somos cooperativos. Seguimos a nosa filosofía. Elaboramos todos os nosos produtos a man e 100% naturais, sen aditivos artificiais nin conservantes 

Combinamos tradición e creatividade para crear sabores únicos e moi picantes, coidando cada detalle e cada ingrediente. Cada produto reflicte a nosa paixón pola calidade, a artesanía alimentaria e a innovación gastronómica.

O MEU OBRADOR
OS MEUS PRODUTOS

BOTAFUME.  Picante suave
Picante suave pero con carácter. Jalapeños fermentados, chipotle afumado e un toque mexicano que te leva directamente á brasa. Ideal para tacos, carnes e todo o que pida fume e sabor sen queimar a lingua.
LUME.   Picante medio
A nosa salsa máis versátil. Jalapeños fermentados con allo asado e un equilibrio perfecto entre sabor e picante. Intensa, limpa e pensada para acompañar calquera prato.

ARREDEMO.   Picante alto
Jalapeño e chile Fantasma fermentados para un picante máis elevado e adictivo. Se che gusta o picante e queres subir de nivel, esta é a túa salsa. Deseñada para encaixar con calquera receita..
MORTE.   Picante muy alto
Isto é outra liga. Carolina Reaper e chile Fantasma nunha salsa salvaxe, extrema e sen concesións. Só para xente curtida no picante. O aviso vai incluído
ACEITE RABUDO.   Picante alto
Picante extremo, sen concesións. Aceite de oliva infundido cun dos chiles máis picantes do mundo, allo e herbas. Intensidade moi alta cun perfil aromático limpo e directo. Ideal para pastas, ensaladas, tostas, pizzas…

Atópanos

Enderezo

Estrada de Mesoiro, 93
15190. A Coruña

Coordenadas
43.501089846173, -8.2038980585837

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp