Crema de cacao, abelás e laranxa. Orange Exotic 200g
LENATT
Artesanía Alimentaria
Luis Iglesias Iglesias 10
15190
A Coruña
tfno: 606254420-687813405
http://www.lenatt.com/
hola [at] lenatt.com (hola[at]lenatt[dot]com)
Somos Leo, Nanda e Caetana de LENATT. Dende o inicio, apostamos por utilizar nas nosas elaboracións ingredientes ecolóxicos e sen glute, coa calidade diferenciadora dos producidos en Galicia, a través de alianzas con produtores locais que reforzan o noso compromiso cunha oferta innovadora, responsable e con impacto positivo na contorna rural.
Que ofrecemos? Unha explosión de sabores intensos con ingredientes ecolóxicos de máxima calidade, deliciosos, saudables, sen glute e aptos para veganos.
Algúns dos nosos produtos:
A nosa gama de granolas premiadas como Produto Excelente, Premios Galicia Alimentación 2025 Agrupación industrial Alimentaria de Galicia.
Granola protein de amorodo & chocolate branco: Unha granola orgánica elaborada artesanalmente fusionando avea e trigo sarraceno con coco, sirope de agave cru e a nosa crema de cacahuete A Orixinal, o mix de abelá, améndoa e o toque final do chocolate branco artesán, culmina coa incorporación dun excepcional amorodo galego de TRISCOS.
Granola pumpkin con mazá e pera: Unha granola orgánica elaborada artesanalmente fusionando avea con coco, sirope de agave cru con canela e xenxibre para un toque especiado e chispeante e a chiscadela tradicional de cabaza
galega que lle achega un valor distintivo, a noz e a semente da cabaza incorpóranse ao mix final de excepcional pera e mazá galega de TRISCOS.
Granola bio crunchy: unha granola incriblemente crujiente e sen glute. Elaborada con flocos de avea e millo lixeiramente tostados, realzados coa dozura natural do dátil e o aceite de oliva virxe extra (AOVE), envolvida nun manto afrutado de cacao puro e chocolate negro criollo, cun contraste deliciosa de améndoas, abelás e pistachos enteiros
Crema de cacao, abelás e laranxa. Orange Exotic: Crema ecolóxica de cacao, abelás e laranxa exótica, intensa, cremosa, doce e Altamente adictiva!
Como gozala? untada nun bo pan ou galleta, con froita, en batido, como
ingrediente en repostería ou de topping co que queiras.
Crema de améndoa, canela e limón. A Sublime: Crema ecolóxica de améndoa cun toque de canela e limón, sublime e sedosa, un novo xiro a unha receita tradicional, distinta, sorprendente e intensa.
Fan da améndoa, esta é a túa!
Mini Box LeNatt
O detalle perfecto para ti ou para regalar, un mix de 3 das nosas cremas favoritas en formato de 55g.
Orange Exotic, A Sublime e L’Orient
Un acerto seguro!
Os nosos doces elabóranse nun obradoiro situado no Amorne, Cambre, desde onde traballamos cada día para ofrecerche novas experiencias.
Luis Iglesias Iglesias,10
15190 A Coruña