MARTIETAS CHOCOLATE E LARANXA BOLSA 200 GRS
Martietas de Fio (Fio Pombarela SL)
Artesanía Alimentaria
Artesanía Alimentaria
c/ Do Campo, 13, baixo 2
15888 Sigüeiro
A Coruña
645209443
Nin somos unha galleta, nin somos unha pasta, nin tampouco un biscoito… sen embargo, somos as tres cousas fusionadas en unha. Martietas de Fío nace para saborear recordos, viaxando ao pasado a través do gusto e do olfato. Grazas a unha receita de máis de 90 anos de historia, oxe podemos degustar estas galletas na que a fariña de trigo é a base, maridada con ovo e finalizada co toque exclusivo doce/salado do azúcar moreno e da sal. Dispoñemos de catro sabores característicos: a orixinal de laranxa; laranxa con chocolate; limón e vainilla de Madagascar. Dase por sabido que a elaboración é íntegramente artesanal feita cos mellores ingredientes naturais, sen conservantes nin aditivos de ningunha clase (tanto a laranxa como o limón é natural, utilízase a propia ralladura e o zume). Dispoñemos de tres formatos de venta: bolsa de 200 gramos, caixa que se convirte nunha bandexa de 145 e o formato estrela, bote de vidrio reciclado e tapa de madeira co seu peche hermético. ¡Non deixes de probalas!
Malia que a razón social da empresa se atopa en Bergondo (A Coruña) o noso pequeño pero coidado obrador atópase en Sigüeiro, no concello de Oroso (A Coruña). Nel traballamos catro persoas durante todo o ano, podendo chegar a ser 18 nos momentos de máis demanda do ano.
A marca fundouse no ano 2023.. aínda que a nose receita ten máis de 90 anos.
c/ Do Campo, 13, baixo 2, 15888 Sigüeiro (A Coruña)