José Moreno
SANTA MARTA BODEGAS
D.O. Valdeorras
Córgomo, s/n
32340 · Vilamartín de Valdeorras
Ourense
988 324 559
gerencia [at] vinaredo.com (gerencia[at]vinaredo[dot]com)
José Moreno
Ola son José Moreno, director técnico e enólogo de Adegas Santa Marta e elaboramos os viños Viñaredo. Son un extremeño afincado en Galicia fai quince anos, onde descubrín un tesouro como é a viticultura galega coas variedades que hai eiquí tan marabillosas e tan únicas. Somos unha adega que xa ten vinte e cinco anos, estamos en Valdeorras o berce do godello e o noso buque insignia, sen esquecernos dos tintos, en total temos catro referencias de cada tipo. Somos unha adega con xente nova que nos encanta este mundo e isto tradúcese en que fomos pioneiros na elaboración de viños diferentes, fomos os primeiros que elaboramos un tostado en Valdeorras e un tinto e un rosado de sousón 100% . Gústanos que os nosos viños sexan o máis representativos da comarca e da variedade e que iso se transmita en cada botella o máis natural posible.
En 1998 nace en Córgomo, Adegas Santa Marta, froito da unión de dous novos agricultores que xa contaban con experiencia como adegueiros e que se criaron entre as cepas. Unha adega familiar creada coa “faísca” da mocidade, coa idea de elaborar viños coas uvas de vellos viñedos.
VIÑAREDO, 100% mencía
Fase visual: Vermello picota con irisacións violetas.
Fase olfactiva: Aroma frío e intenso que lembra a froitos do bosque.
Fase gustativa: Fresco e equilibrado, con final longo e persistente.
Maridaxe: Carnes, arroces e embutidos.
Atópanos
Enderezo
Córgomo, s/n
32340 · Vilamartín de Valdeorras
Ourense