TERRAS DE BOBORÁS

JOHNNY TRIGÁS

Terras de Boborás e unha realidade dende 2020, e aquí estamos neste 2024 con máis de 75 puntos de venta en toda España. Sendo referentes no ámbito cosmético e alimentario de Galicia. Un aire fresco, respetando tradición e abrindo novas portas o aproveitamento da apicultura. De 6 a 14:00 o noso traxe diario e de repartidor de pan na panadería familiar e de 15:00 a….,hasta que un chega a casa, apicultor, comercial, xerente, contable…asi e o noso ADN GALEGO, tras Terras de Boborás só se esconde unha persoa, que non e superman pero ten o cariño e o apoio de milleiros de amigos e persoas que creen neste proyecto e así o estamos levando a cabo ainda que coste “ sangre , sudor e lágrimas” 

A nosa marca de mel, Doce Bágoa, conta cos selos de calidade da IXP Mel de Galicia e de Artesanía Alimentaria, que avalan a súa calidade e autenticidade

Terras de Boborás
AS NOSAS COLMEAS

Esta actividade apícola esta amplamente masificada nos nosos montes, polo que nos dá unha idea da calidade da flora que nos rodea, o cal é fundamental para as nosas abellas. Unha vez confirmados os asentamentos  e escollido os mellores lugares, ao noso entender, zonas lonxe de pesticidas, rodeadas de castiñeiros, breixo, carballos, comezamos a aventura con 30 colmeas. Un primeiro ano para coller experiencia e poñer en marcha este proxecto, os escasos primeiros 100 botes repartíronse ou regalaron. Tras pasar numerosas adversidades, entre elas a perdida de 20 colmeas por parte da velutina, tocou reinventarse e en 2019 xa apostamos firmemente por ampliar os nosos apiarios, investir máis en tecnoloxía contra a velutina e seguir ampliando a nosa formación. 

Terras de Boborás
OS MEUS PRODUTOS

Este mel, é mel de bosque, procedente das ladeiras do río Viñao (Boborás) e os montes que se atopan a unha altura duns 500 metros, atopándonos cun microclima de  media montaña e flora diversa de influencia mediterránea e atlántica, onde nos atopamos alcornocales, robledales, breixos, castiñeiros e paraxes virxes libres de contaminación. Unha combinación de néctares de flores e mielatos, que achegan unhas características organolépticas únicas.

Baixo esta marca recollemos toda a línea de alimentación elaborada co noso mel. Porque non todo e mel en tarro, aquí seguimos desenvolvendo e pondo en valor  o mel, presentando novos productos saudables orixinais e pioneiros en Galicia como patés, salsas, vinagres ou licores.

Atópanos

Enderezo

Barrio de Cameixa 74
32514 Boborás
Ourense

Coordenadas
42.4209663, -8.1624755

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp