Manuel Guerra
Son Manuel Guerra, de Vía Arxéntea, unha adega de tradición familiar arraigada en Monterrei, cunha extensión de viñedos superior ás tres hectáreas. Foi o meu pai quen, sendo neno, me ensinou a cultivar as viñas e tamén a pisar as uvas no lagar, que máis que un traballo era unha festa.