ADEGAS CELME

DORI e JORGE

Somos Dori e Jorge, dous entusiastas da viticultura que decidimos cumprir o noso soño e poñer a andar o proxecto que nos permitiría elaborar os nosos viños nunha pequena adega do Ribeiro.
A nosa aventura comezou en Lugo no ano 2009, onde chegamos por razóns de traballo. Entón coñecemos a Mercedes e o club de cata Vitislucus, que nos iniciaron na paixón polo viño. Isto permitiunos coñecer os procesos de elaboración, as paisaxes e as persoas que, coma nós o facemos agora, vivían con intensidade a elaboración dos seus viños.
A aventura parece un pouco aloucada pois somos enxeñeiros de formación, nacidos lonxe das zonas vitícolas de Galicia e sen experiencia previa nin tradición familiar no sector. Pero a paixón e o entusiasmo levounos a recorrer Galicia na busca do viñedo perfecto para elaborar os nosos propios viños.
É así como en 2016 chegamos ó Ribeiro da man do noso enólogo Pablo Estévez, axuda fundamental para sacar adiante o proxecto.

Adegas Celme
A NOSA ADEGA

O noso compromiso vai máis aló da calidade dos nosos viños; é un compromiso firme co noso entorno e co futuro da nosa terra, que mostramos a través dunha produción 100% ecolóxica.

 

Complementamos o traballo tradicional no viñedo coa innovación nas instalacións da adega. Utilizamos depósitos de pequena capacidade, de aceiro inoxidable, con control de temperatura automatizada, cinta de selección e unha distribución en planta que nos permite traballar por gravidade mantendo a uva en perfecto estado durante todo o proceso. Innovando nos medios conseguimos elaborar os viños de forma tradicional, coa máxima calidade e ó mesmo tempo cunha mínima intervención na adega.

Adegas Celme
OS NOSOS PRODUTOS

Para explicar os nosos viños temos que explicar primeiro o noso viñedo. Un total de 2 ha nas ladeiras do río Miño repartidas en dúas fincas: Pena Bicada de 1,5 ha e O Souto de 0,5 ha que dan nome ós nosos viños. As nosas fincas contan únicamente con castes autóctonas sobre un chan de roca granítica meteorizada (xabre). A orientación do viñedo cara ó norte permite protexer as uvas da intensa calor do verán garantizando unhas condicións óptimas de maduración. Os socalcos nas zonas máis altas de Pena Bicada permiten unha mellor ventilación e distribución da humidade no solo. Traballamos duro todo o ano para garantir que cada cepa está nas mellores condicións. Na vendima escollemos manualmente e coidadosamente o mellor de cada planta e de cada acio. O resultado son viños de cantidades moi limitadas que transmiten a personalidade das nosas castes, a riqueza do noso chan e a delicadeza do noso traballo, todo iso marcado pola climatoloxía de cada colleita que fai de cada botella unha experiencia única.

Atópanos

Enderezo

Rua Astariz, 22
32430 Castrelo de Miño
Ourense

Coordenadas
42.3227149, -8.0409639

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp