PAULA FANDIÑO
O Val do Salnés, atópase en Galicia, no noroeste de España. Alí, aos pes da Finca Valiñas, na ladeira dun monte fronte á ría de Arousa que tempera a brisa atlántica que acariña os nosos viñedos, nacen os viños de Mar de Frades. A nosa adega emerxe no medio desta paraxe, coa súa esvelta figura agrisada de granito e cobre, esculpidos polos rigores do clima galego.