Antonio Cajide Gulín
Dende o ano 1999 adícome en exclusiva a esta actividade, aínda que quixen facelo dende sempre. Con 13 ou 14 anos os meus avós ensináronme a podar, atar, enxertar e coidar das viñas, así como a cultivar todo tipo de vexetais para autoconsumo, "Hai que ter do teu" dicía o meu avó Saturnino con quen me criei.