Coñecemento da vida adquirido polas circunstancias ou situacións vividas, cando estas experiencias van acompañadas dunha boa mesa, dise que son EXPERIENCIAS DE CALIDADE
Alan de Val é unha adega de ámbito familiar fundada non ano 1993 polos irmáns Sánchez Rodríguez, a partir da experiencia herdada de pais e avós, dedicados dende sempre ao viñedo, ao viveiro e á elaboración de viños
Somos unha adega con xente nova que nos encanta este mundo, fomos os primeiros que elaboramos un tostado en Valdeorras e un tinto e un rosado de sousón 100% . Gústanos que os nosos viños sexan o máis representativos da comarca e da variedade e que iso se transmita en cada botella o máis natural posible.
Son Berna e levo vinculado a este mundo máis de trinta anos, seguindo coa tradición familiar que comezaron os meus avós e despois os meus pais. O máis satisfactorio deste negocio, é o recoñecemento por parte do consumidor dun traballo ben feito reflectido nun produto excelente.
Somos unha adega familiar con longa tradición vitivinícola. Esta adega creouse no ano 1978 da man de Joaquín Rebolledo o seu fundador e un dos pioneiros na elaboración de viños de calidade en Galicia.
Son Marta Sertaje e traballo na adega A Coroa dende o ano 2008. Comecei a miña traxectoria coa encomenda de levar a exportación e a comercialización.