Coñecemento da vida adquirido polas circunstancias ou situacións vividas, cando estas experiencias van acompañadas dunha boa mesa, dise que son EXPERIENCIAS DE CALIDADE
A comezos dos anos noventa inicio a miña actividade profesional como enxeñeiro agrónomo e director do Pazo de Rubianes co obxectivo de recuperar o parque botánico do predio e a explotación vitivinícola que actualmente conta cunhas 25 hectáreas.
Somos a familia Moraima, un pequeno grupo de viticultores de Barro, con tradición vitivinícola, que optamos por montar unha adega onde elaborar uns viños propios, en vez de vender as uvas que producimos a outras adegas.
Son Marta Sertaje e traballo na adega A Coroa dende o ano 2008. Comecei a miña traxectoria coa encomenda de levar a exportación e a comercialización.
A queixería Don Gabino foi fundada polos meus pais no ano 1990 como un acto de amor á terra, un acto de recuperación da tradición e elaboración dos queixos de San Simón da Costa
A filosofía da adega Pazo de Vieite é traballar e coidar con esmero as súas dez hectáreas de viñedo propio, xa que este é o factor máis importante para producir viños de calidade.
Son Xulia Bande colleiteira do Ribeiro dunha pequena adega familiar e este viño é unha homenaxe ao meu avó. O noso tipo de elaboración son viños de garda, viños naturais e procuramos ser o máis respetuosos posibles co medio ambiente e co noso traballo.
Priorato de Razamonde é un proxecto que comezou a súa andadura no ano 1998, nacido do esforzo e a dedicación dunha familia que, a través do tempo, encontrou no viño a mellor maneira de transmitir o sabor das súas terras
A Adega Tapias Mariñán xorde pola iniciativa dos irmás Branco Núñez,
galegos afincados en Barcelona e vinculados ao sector vitivinícola
Adegas Terrae é unha adega moderna e dinámica, que aposta por lograr unha experiencia para os consumidores. A paixón polo mundo do viño foi o que moveu os fundadores desta empresa a crear este proxecto o cal transmiten día a día os seus empregados.
A miña responsabilidade en Bodegas Petrón é a elaboración, coidado e embotellamento do viño coa supervisión do enólogo da nosa adega.