Produtos
de tempada
IXP Pemento da Arnoia
CONSELLO REGULADOR
Outeiro Cruz, 12
32417 A Arnoia
Ourense
881 997 279
IXP Pemento da Arnoia
O pemento cultivado na Arnoia constitúe un ecotipo seleccionado desde moi antigo polos agricultores desta área xeográfica pertencente á comarca do Ribeiro. Como consecuencia da súa limitada produción e da súa escasa difusión ao longo dos anos, apenas se estendeu fóra do devandito ámbito xeográfico. A especificidade do pemento da Arnoia provén dunha conxunción de moitos factores, entre os que están o material vexetal, a terra e o microclima dos vales produtores.
É indubidable o interese xenético, social, cultural, ambiental e económico que para determinados territorios supón a recuperación, a conservación e o fomento das variedades vexetais autóctonas. Así o entenderon os horticultores da Arnoia, quen pouco ou nada poderían facer para competir fronte a outras rexións produtoras máis especializadas, a non ser a través da especificidade dun produto coma este.
Materias primas
Os pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento da Arnoia son os froitos pertencentes ao ecotipo local da especie Capsicum annuum, L.
Características do produto
As características do Pemento da Arnoia son as seguintes:
- Forma: cónica, acampanada
- Peso: 50-90 g por unidade
- Lonxitude do froito: 7,5 - 11 cm
- Diámetro: 5 - 7 cm
- Pel: lisa e brillante de cor verde clara
- Cata: olor intenso e sabor doce