Actividades
en liña
Cata comentada das augardentes e licores tradicionais de Galicia, os únicos con espírito galego
Aprende a identificar os únicos con espírito galego, só os produtos avalados polo Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia teñen garantida a súa orixe, calidade e salubridade.
Actividade en liña coa que coñecerás a tradición da augardente, séculos de historia, o Camiño de Santiago, a cultura celta, queimadas e meigas...
- Prazas:10
- Día:13 maio
- Coñecementos previos:Non
- Horario:19 h
- Idioma:Galego/Castelán
- Kit de cata:
- Inscrición:experienciasdecalidade@xunta.gal
Cata comentada das augardentes e licores tradicionais de Galicia, os únicos con espírito galego
Galicia é a única rexión española con dereito á Indicación Xeográfica de Orujo de Galicia, na mesma categoría que os marc franceses, as grappas italianas, as bagaceiras portuguesas e os tsipouros gregos. Galicia é terra de meigas e de maxia, onde a augardente de bagazo está intimamente ligada á elaboración do viño, e a súa difusión fíxose, en gran medida, a través do Camiño de Santiago. Séculos de tradición no que se lle atribuíron á augardente propiedades medicinais, curativas e mesmo máxicas. Proba deste simbolismo atopámolo na "queimada", ritual onde se entremesturan os tres elementos do tríscele celta: o lume, a terra e a auga.
Xunto con Sonia Otero ofrecémosche unha cata comentada de augardentes elaboradas a partir do bagazo procedente da vinificación de diferentes variedades de uva producidas en Galicia. Unha escusa perfecta para xuntar amigos ou familia en casa e comparar as características que lle achega unha variedade ás augardentes, licor de herbas e licor café de Galicia. Comprobarás que as prácticas tradicionais de destilación mediante alambique, alquitara ou arrastre de vapor achegan a máxima calidade ao produto final e cumpren con todos os requisitos sanitarios.
Só necesitas un lugar tranquilo, un dispositivo para conectarte e moitas ganas de aprender. Déixate sorprender pola maxia dos nosos espirituosos e convértete no noso embaixador!!
Nesta sesión de 45 minutos, a través da nosa canle de youtube, Sonia tamén vos guiará cunha cata comentada, para amosarvos os segredos organoléptipos dos seguintes espirituosos:
- Viña Armenteira. Pote de Ouro IX Orujo de Galicia nas Catas de Galicia 2021.
- Terras de Lantaño. Pote de Ouro IX Licor Café de Galicia nas Catas de Galicia 2021
- Pazo de Valdomiño. Pote de Ouro IX Licor de Herbas de Galicia nas Catas de Galicia 2021
Se queres seguir esta actividade co "cataoruxos" na man, podes adquirilos no apartado de mercar experiencias. Anímate e formaliza a túa inscrición!!