Cata comentada dos "Irmáns de leite" Marcas de queixos galegos con DOP, premiados nas Catas de Galicia 2021

Cata comentada dos "Irmáns de leite" Marcas de queixos galegos con DOP, premiados nas Catas de Galicia 2021

As catas en liña son a escusa perfecta para xuntar amigos ou familiares en casa e desfrutar dunha degustación dirixida. Da man de Salomé Beiroa terás ocasión de recibir unhas suxestións de corte, presentación dos queixos e unhas nocións básicas de cata, para desfrutar con coñecemento de todas as singularidades dos queixos galegos.
Ademais, nesta sesión de 45 minutos, a través da nosa canle de youtube, Salomé tamén vos guiará cunha cata comentada para amosarvos os segredos organoléptipos dos seguintes queixos:

  • Queinaga. Distinción de Ouro DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2021.
  • DiqueixaDistinción de Ouro DOP Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2021.
  • Fontelas. Distinción de Ouro DOP San Simón da Costa nas Catas de Galicia 2021.
  • Castelo. Distinción de Ouro DOP Cebreiro nas Catas de Galicia 2021.  

Se queres seguir esta actividade co coitelo na man, podes adquirilos no apartado de mercar experiencias. Anímate e formaliza a túa inscrición!!

Queres estar á última das experiencias calidade?