Cata comentada dos meles de Galicia

Xunto con Beatriz Ríos, técnica do Consello Regulador, terás ocasión de recibir unhas nocións básicas de cata, e coñecerás as características organolépticas e as calidades específicas dos meles acollidos á IXP Mel de Galicia. Percorrerás, a través dos sentidos, os meles monoflorais que predominan en Galicia e tamén os multiflorais. Desfrutarás con atención e coñecemento de todos os matices dos meles galegos e percibirás dun xeito claro as diferenzas entre eles. Non todos os meles son iguais!!!  

Un plan no que ti elixes o lugar e a compañía para desfrutalo ao máximo. Pasarás un rato divertido xunto a amigos, familiares ou compañeiros de traballo e coñecerás algo máis sobre este produto especial, intimamente ligado ao territorio onde se produce e que soamente as abellas coñecen o segredo da súa elaboración.
Só necesitas un lugar tranquilo, un dispositivo para conectarte e moitas ganas de aprender. Déixate sorprender polos nosos meles, prepara un bocado de queixo galego como compañeiro nesta experiencia e desfruta!!

Queres estar á última das experiencias calidade?