Fácil
15 min.
4 pers.

Que necesito?

Tarta de Santiago, crema de améndoa e limón, queixo Cebreiro, crocantes e triscos de Artesanía Alimentaria

Cortamos un anaco de Tarta de Santiago, e reservamos. 
Nun bol, botamos un par de botes de crema de améndoa e limón de Artesanía Alimentaria, e engadimos o queixo Cebreiro. Mesturamos coa axuda dunha culler ou dunha varilla ata conseguir unha textura de pasta.

Para o empratado, colocamos unha base de galletas de Xián de Artesanía Alimentaria que romperemos coa man para conseguir uns anacos crocantes bastante grandes, cubrimos co resultado de desfacer a Tarta de Santiago. Coa axuda de dúas culleres, facemos unhas pequeñas “quenelles” da crema de queixo Cebreiro e crema de améndoa e limón. Colocamos sobre a crema triscos de amorodos de Artesanía Alimentaria para darlle un toque de froita e cor.

Queres estar á última das experiencias calidade?