Cousas
ricas
Flan de Queixo Tetilla ao orujo
Tempo aproximado: 45 minutos
Que necesito?
- 1 litro de leite
- 8 ovos
- 150 g de azucre
- 200 g de Queixo Tetilla
- limón, laranxa e canela en rama
- caramelo
- Augardente de Galicia
Poñemos o leite a quentar coas peles de limón, a laranxa, a rama de canela e o azucre e, sen que chegue a ferver, engadimos o Queixo Tetilla e removemos para que se mesture ben e non se pegue.
A continuación batemos os ovos e mesturámolos co leite, logo de coalo.
Finalmente untamos os moldes con caramelo e un pouco de augardente de Galicia antes de reenchelos coa mestura e cocemos a baño maría no forno a 160 graos uns 30 minutos, se o molde é pequeno. Para facer un molde grande deixar 5-8 minutos máis