Fácil
30 min.
4 pers.

Que necesito?

Fondue de tres queixos galegos: San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa e Queixo Tetilla en Pan Galego con leite, chourizo e cervexa de Artesanía Alimentaria.

Abrimos o Pan Galego, quitámoslle o miolo e reservamos. A tapa que retiramos, partímola en triángulos e reservamos.

Por outra banda, facemos un bechamel con manteiga, e chourizo e a esto sumamos a  cervexa de Artesanía Alimentaria ao que engadiremos os tres queixos (San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa e Queixo Tetilla).

Vertemos todo dentro do Pan Galego e introducimos no forno para gratinar, incluídos os triángulos de pan para que se tosten. Deste xeito, poderemos dipear con eles posteriormente na fondie.

Queres estar á última das experiencias calidade?