Fácil
30 min.
6 pers.

Que necesito?

  • Pan de Cea (1/2 da bola pequena)
  • Chourizo de produción ecolóxica (2 uds)
  • Xamón de produción ecolóxica (150 g)
  • Allo ( 4 uds)
  • Aceite de produción ecolóxica (6 culleradas)
  • 6 ovos codorniz

Picamos en tacos o Pan de Cea, o chourizo e o xamón de produción ecolóxica. A continuación, poñemos unha tixola ao lume cun chisco de aceite e douramos o xamón. Unha vez feito, escorremos e reservamos nun prato ou recipiente. Repetimos a mesma operación co chourizo, coa mesma tixola, aceite limpo, escorremos e retiramos.

Douramos os 4 dentes de allo cunha pinga de aceite. Cando estean, retirámolos e introducimos o Pan de Cea ata que trisque. Engadimos na mesma tixola o chourizo, o xamón e mesturamos.

Finalmente, nunha tixola limpa cun pouco de aceite fritimos un ovo. Nun prato, colocamos a mestura de pan, chourizo e xamón e, sobre esta, colocamos o ovo cun chisco de sal. Repetimos ata completar as 6 racións.

Suxestión: Remover continuamente o pan para que non se queime e adquira a textura crocante. Para decorar picar miúdiño un pouco de perexil fresco por riba do ovo.

Enche a túa mesa con etiquetas de calidade
Merca aquí: www.expererienciasdecalidade.gal

Queres estar á última das experiencias calidade?