Merca Experiencias de Calidade

DO Valdeorras

Valdeorras, comarca situada na parte nororiental da provincia de Ourense, está moldeada por un profundo val fértil e luminoso polo que discorre, apracible, o río Sil, señor dunha paisaxe máxica, de terras vermellas e negras, onde medran o castiñeiro, a vide e a oliveira.

En Valdeorras homes e mulleres conseguiron unir esforzos, tradición secular e modernidade para manter a orixe e garantir a calidade duns viños que son a máxima expresión do sentir dunha terra.

Medio Natural

As zonas de produción da denominación de orixe Valdeorras ocupan gran parte das cuncas dos ríos Sil, Xares e Bibei.

As características dos diferentes solos da zona xeográfica, sumadas ás condicións climáticas, con baixas precipitacións e temperaturas extremas, conforman un ecosistema selectivo ao que se foron adaptando as variedades de vides presentes, en xeral variedades autóctonas seleccionadas ao longo do tempo.

O factor humano ten unha gran relevancia na selección  varietal. Pero tamén é de grande importancia nas características destes viños a súa actuación ao longo da xa dilatada historia da viticultura da comarca no concernente á selección dos terreos coas mellores condicións de solo e orientación, terreos nos que en moitas ocasións houbo que construír muros para cultivar a vide en chanzos (bancais ou  socalcos) para evitar a perda de solo e facilitar as prácticas de cultivo, dando lugar en moitos puntos da comarca a fermosas paisaxes vitícolas. Tamén é de destacar o coidado e mestría cos que os viticultores realizan as ditas prácticas de cultivo, en particular a poda e condución das plantas para un adecuado control do potencial vitivinícola. Se a iso sumamos unha elaboración que, respectando a tradición, emprega os recursos que a moderna tecnoloxía enolóxica pon ao dispor dos  elaboradores e uns rigorosos controis de calidade, o resultado son uns viños cunha gran personalidade e calidade, cada vez máis recoñecidos polos consumidores.


Atópanos

DOP Valdeorras Mapa 1 DOP Valdeorras Mapa 2

Vilamartín de Valdeorras

Desplegable empresas

Santa Marta, S.A.T

A Rúa

Desplegable empresas

Adega A Coroa, S.A.T.
Adega Alán, S.A.T.
Adega da Pinguela, S.L.
Adega Melillas e Fillos, SL
Adega Quinta da Peza, S.L.
Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas, S.C.G
Bodegas Testeiro, S.L.
German Rodríguez Prada
Joaquín Rebolledo, S.A.
José Luis Aristegui Anido
Rafael Palacios, S.L.U
Viña Somoza Bodegas y Viñedos, S.L.

Lanciego

Desplegable empresas

Compañía de vinos Telmo Rodríguez, S.L.

Larouco

Desplegable empresas

Bodega Ladera Sagrada, S.L.
Cova da Xabreira, S.L.U

O Barco

Desplegable empresas

Bodega Avancia, S.L.
Bodega Cooperativa Jesús Nazareno

O Barco de Valdeorras

Desplegable empresas

Bodega Roandi, S.L.
Bodegas Blare, S.L.
Guillermo González Losada
Hacienda Ucediños, S.L.
Virgen del Galir, S.L.

O Bolo

Desplegable empresas

Manuel Corzo Rodríguez

Petín

Desplegable empresas

Barón do Sil, S.L.
Bioca, S.C.
Bodegas Sampayolo, S.L.
Terriña, S.L.

Ribadavia

Desplegable empresas

VIÑA COSTEIRA

Rubiá

Desplegable empresas

Adega O Casal, S.A.T.
Adega O Cepado S.L.
Bodega A Tapada, S.A.T.

Seadur

Desplegable empresas

Pago de los Capellanes, S.A.

Vilamartín de Valdeorras

Desplegable empresas

Arnadoval, S.L.
Bodegas Valdesil, S.L.
Guitián y Blanco, S.L.
Mª Teresa López Fidalgo

Vilanova

Desplegable empresas

Bodegas Ruchel, S.L.

Queres estar á última das experiencias calidade?