Merca Experiencias de Calidade

DOP Pemento de Herbón

O inicio do cultivo do pemento en Galicia asóciase ás sementes traídas dende o estado mexicano de Tabasco polos monxes franciscanos ao convento de Herbón, localidade pertencente ao municipio de Padrón, no século XVII. O proceso de selección varietal e as prácticas culturais de recolección comezan entón transmitíndose dende a comunidade monacal aos agricultores da súa área de influencia, conformando un sistema de produción altamente especializado.

Unha das características  máis destacadas do Pemento de Herbón refírese a que non todos os froitos presentan sabor picante, senón que este aparece ocasionalmente (“uns pican e outros non”, de acordo coa coñecida frase popular referida a este produto), e que é un picor lixeiro, xa que os produtores se  esmeran en seleccionar o produto eliminando aquelas plantas e froitos con sabor picante máis intenso. A forma na que se chegou a conseguir isto, partindo dunha variedade orixinalmente picante, é quizais o elemento de proba máis importante do “bo facer” dos produtores da zona.

Que os pementos piquen máis ou menos depende da cantidade de capsicina que conteñan. Esta concéntrase na placenta, que é a parte esbrancuxada que hai no interior do froito, nunhas pequenas vesículas. Como esta substancia é un axente defensivo, a cantidade que produce a planta depende tanto das características xenéticas da variedade coma das condicións ambientais: temperatura, humidade, composición do solo, fertilización, estado de desenvolvemento do froito no momento de recollida, etc.

Medio Natural

A área de produción e envasado de pementos amparados pola denominación de orixe protexida Pemento de Herbón abrangue os termos municipais de Padrón, Dodro e Rois na provincia da Coruña; e Pontecesures e Valga na provincia de Pontevedra.

Esta área está constituída por un conxunto de vales delimitados polos ríos Sar e Ulla, protexidos por varias serras e pola península do Barbanza.

A reducida altitude sobre o nivel do mar, a protección que supoñen os sistemas montañosos que rodean os vales de produción e a proximidade á costa proporcionan unhas características climáticas diferenciadas, cun elevado réxime  pluviométrico, temperaturas suaves e unha oscilación térmica pouco acusada.

Os solos son de espesor considerable, baixa pedregosidade superficial e boa drenaxe, o que engadido a un clima de invernos suaves, lles confiren un elevado rendemento para este cultivo.

As prácticas ancestrais dos agricultores locais mantendo e seleccionando as mellores plantas, á vez que adaptando as técnicas de produción ás condicións do territorio, deron como resultado un produto extraordinariamente ligado ao medio e cunhas excelentes calidades culinarias. As suaves temperaturas, as escasas oscilacións térmicas, así como os solos da zona, inciden de maneira directa nas súas características morfolóxicas e  organolépticas, en particular sobre o baixo nivel de capsicina presente nos seus tecidos.

Resulta especialmente importante engadir tamén que este traballo de preservación e selección  varietal continua se traduciu na utilización de semente de propagación propia, procedente unicamente de agricultores da zona delimitada, cunha ausencia xeneralizada do emprego da variedade comercial “Padrón”, que foi estendida a outros ámbitos xeográficos. Esta especial selección, tanto do material de propagación como dos froitos con carácter posterior á colleita, achega ao Pemento de Herbón a súa especial calidade e carácter  diferenciable.


Atópanos

Mapa DOP Pemento de Herbón Zona DOP Pemento de Herbón

Padrón

Desplegable empresas

Antonio Freire Dios
Benido Conde López
José Manuel Ferro Lago
Josefa Pilar Magariños Diéguez
María del Pilar Gómez Méndez
SAT A Pementeira Nº1345 XUGA
Teresa García Boga
Yolanda Magariños González

Rois

Desplegable empresas

Laura Martínez Castro

Queres estar á última das experiencias calidade?