Merca Experiencias de Calidade

DO Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é viño, pero tamén é paisaxe, gastronomía e arte románica.

Os bancais nos que se cultivan as súas vides son imaxe dunha forma de vida e da paisaxe que a enmarca. O terreo admite pouca mecanización por iso os vendimadores realizan o seu traballo artesanalmente, subindo e baixando as escarpadas ladeiras para coidar con agarimo día a día as súas vides.

Unha vez que a terra e o sol transmitiron á uva toda a súa autenticidade e sabor, os acios vendímanse un a un e deposítanse coidadosamente en caixas de vinte quilos. Logo son transportados a ombreiros ata os camiños ou ata o río para que, con vehículos ou barcas, as uvas fagan a súa última viaxe ata as adegas.

As uvas son procesadas nas adegas onde se conxuga a tradición coa vangarda para producir uns viños de características únicas.

É un traballo heroico en total equilibrio coa natureza e cunha tradición milenaria para regalarnos uns viños de altísima calidade.

Medio Natural

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra sitúase ao longo das ribeiras dos ríos Miño e Sil, no sur da provincia de Lugo e no norte da de Ourense e engloba cinco subzonas:

  • Subzona de Amandi
  • Subzona de Chantada
  • Subzona de Quiroga-Bibei
  • Subzona de Ribeiras do Miño
  • Subzona de Ribeiras do Sil

As características dos seus solos e as condicións climáticas unidas aos contrastes da súa orografía conforman unha zona con boas características para o cultivo do viñedo.

A maduración ten moito que ver coa orientación ao sol e a altitude á que se sitúan as  viñas. A Ribeira Sacra caracterízase polos grandes contrastes xeográficos, profundas concas xeográficas e alienacións montañosas, feito que se reflicte nos seus viños.

As variedades presentes son fundamentalmente variedades autóctonas seleccionadas ao longo dos anos, que orixinan uns viños específicos desde o punto de vista fisicoquímico e sensorial.

Os viticultores buscaron as mellores ladeiras ben orientadas e con solos adecuados, sobre as que construíron muros de pedra para  abancalalas e configurar unha paisaxe absolutamente singular.

Hai que destacar o rigor dos controis de calidade que se aplican, que fixeron posible o prestixio dos viños da Ribeira Sacra.

Pero a Ribeira Sacra, que sen dúbida ten o viño como sinal principal de identidade, é un todo que harmoniza paisaxes de flora atlántica coa vexetación mediterránea no val do Sil; é un conxunto que combina unha importante riqueza de monumentos románicos cos vales dos seus ríos; é a expresión máis evidente de como o respecto á tradición pódese e débese combinar coa moderna forma de entender o mundo do viño.


Atópanos

Mapa DOP Ribeira Sacra
Zona DOP Ribeira Sacra
Zona DOP Ribeira Sacra
Zona DOP Ribeira Sacra
Zona DOP Ribeira Sacra
DOP Ribeira Sacra
Álvarez Rodríguez, José Manuel

A Peroxa

Desplegable empresas

Seoane Novelle, Javier
Spanish wines by Carlos Rodríguez, S.L.

A Pobra do Brollón

Desplegable empresas

Adegas Salvadur, S.L.

A Teixeira

Desplegable empresas

Adega Cachín S.C.
Adega Vella Xeracións, S.L.
Álvarez Rodríguez, Juan Alberto
Vázquez Rodríguez, Xosé

Belesar

Desplegable empresas

Bodegas Castro Candaz S.L.

Bueu

Desplegable empresas

Bejar Martínez, Agustín

Carballedo

Desplegable empresas

Domínguez González, Edelmiro

Castro Caldelas

Desplegable empresas

Ponte da Boga

Chantada

Desplegable empresas

Adegas e viñedos Lareu, S.L.
Albarduxe
Amedo
Bodega Ribada
Bodegas de Santa María de Nogueira
Cabo do Mundo
Fernández Pedreira, Jose Luis
Grupo Peago S.L.
Pincelo
Rabelas, S.L.
Teijeiro Lemos, S.L.
Vía Romana

Fondo de Vila

Desplegable empresas

Alouviño S.L.

Manzaneda

Desplegable empresas

Dominio do Bibei

Meaño

Desplegable empresas

Fento Wines, S.L.

Monforte de Lemos

Desplegable empresas

Alvarín Losada, María Gloria
Tolo do Xisto

Nogueira de Ramuín

Desplegable empresas

Adega do Mollón, S.L.

O Saviñao

Desplegable empresas

Adegas Moure, S.A.
Pérez Pérez, Jose Luis
Pilares de Belesar, S.L.U.
Virxen dos Remedios

Pantón

Desplegable empresas

Alma das Donas
Bodega Losada Fernández S.L.
Casa Moreiras
Finca Míllara
López Vázquez, Maximino
Saíñas

Parada de Sil

Desplegable empresas

Caneiro Núñez, Carlos
Leirabella S.L.
Ronsel do Sil

Parada do Sil

Desplegable empresas

Adega Ponte da Boga

Pobra de Trives

Desplegable empresas

Pereimos 2007, S.L

Pobra do Brollón

Desplegable empresas

Díaz Ferreiro, María Purificación

Quiroga

Desplegable empresas

Terrazas de Outeiro, S.L.
Val de Quiroga

Ribas De Sil

Desplegable empresas

Pazo de la Cuesta S.L.U

Sober

Desplegable empresas

A Man de Prado S.L.
Adega Damm S.L.
Algueira
Arias Fernández, Tomás
Arias García, María Otilia
Bodega Soutelo
Bodegas Petrón
Carnero Fiuza, Jorge Enrique
D`Fran S.C.
Don Bernardino
Fernández Prado, Isabel
Fernández Rodríguez, Carlos
Gallego Carreira, Fidel
Guímaro
Marcelino Tierra y Vinos S.L.
Marcos Fernández, Ramón
Méndez Arias, Javier
Moure Fernández, Rubén
Pérez Rodríguez, Óscar
Rectoral de Amandi
Regina Viarum
Régoa
Rodríguez López, Víctor Manuel
Tear
Vázquez Rodríguez, Araceli
Verao López, Brais
Vidal López, José Manuel
Viñas de Belesar S.L.U.

Taboada

Desplegable empresas

Pavón Reinoso, Miguel
Regal López, Roberto

Queres estar á última das experiencias calidade?